ALCALDÍA

O alcalde presentoulle ás avoas de Pontepedriña a reforma do seu local

20/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa directiva da Asociación de Veciños Sandra Prego e coas integrantes da Asociación de Avoas de Pontepedriña.

Os representantes veciñais e as usuarias do Local das Avoas de Pontepedriña puideron coñecer de primeira man as características das obras que van adecuar, rehabilitar e mellorar estes locais para a atención a persoas maiores e o centro de uso sociocultural.

Na reunión tamén participaron os concelleiros de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e de Infraestruturas, Bernardino Rama, ademais do arquitecto redactor do proxecto, Alfredo Varela.

Compartir: