PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá intercambia fondos bibliográficos co Museo do Pobo Galego

19/04/2010 A Concellaría de Participación Cidadá realizou un intercambio de fondos bibliográficos co Museo do Pobo Galego. O troco materializouse no traspaso de obras que estaban duplicadas nas respectivas bibliotecas de ambas entidades.

A concelleira de Participación, Guadalupe Rodríguez e a responsable da biblioteca do Museo do Pobo Galego, Rosa Méndez, formalizaron o intercambio nun acto no que tamén participou o xefe de negociado da Concellería, Xosé Ramón Cadilla. Participación Cidadá quere dar a coñecer os fondos bibliográficos dos que dispón, así como promover o uso da súa biblioteca, como ferramenta de lectura e de consulta a disposición de todos os composteláns e compostelás.

Compartir: