PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica e Caixa Galicia ofrecen formación a emprendedores para elaborar o seu plan de empresa

19/04/2010 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director de Organismos de Caixa Galicia, Álvaro Rodríguez Cabo, presentaron a terceira edición do curso gratuito Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito. A acción formativa enmárcase no Servizo de Apoio á Empresa que ofrece Promoción Económica, igual que a V Xornada Emprende en Compostela, na que tamén colabora Caixa Galicia.

O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas e dirixido a persoas cunha idea de negocio ou que estéan valorando a posibilidade de iniciar unha actividade de autoemprego e queiran valorar a sua viabilidade.

Ademáis da formación, proporcionaráse atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementaráse cunha titoría individual de asesoramento empresarial por alumno ao remate do curso. As persoas que precisen financiamento y finalicen o seu plan de empresa con resultado viable, poderán solicitar un microcrédito Caixa Galicia.

Mediante esta acción ofrécese un apoio integral que combina a formación, asesoramento empresarial, e que ademáis facilita o acceso a financiamento en condicións preferentes para aqueles proxectos que sexan viables. No ano 2009, Obra Social Caixa Galicia proporcionoulle formación a 90 personas emprendedoras, e máis de 50 elaboraron o seu Plan de Empresa.

Os microcréditos Caixa Galicia están dirixidos a persoas sen acceso ao financiamento bancario por insuficiencia de garantías ou de avais. Pódese solicitar ata un importe máximo de 25.000 €, cun tipo de xuro do 4% fixo e 5 anos de amortización con 6 meses de carencia opcionais.
O curso conta con 15 prazas dispoñibles e realizarase nos días 3, 4, 5 e 6 de maio en horario de 16 a 20 horas (duración: 16 horas). O 7 de maio proporcionaránse titorías individuais de asesoramento a cada participante.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 29 de abril, directamente a través da páxina web da Concellaría de Promoción Económica, www.maiscompostela.org, ou ben poden cubrir un formulario de solicitude e entregalo en calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago. Este formulario pódeno solicitar no mesmo rexistro, nas oficinas de Promoción Económica, ou baixalo da súa páxina web.

As persoas interesadas poden obter máis información en:

A través de internet nas webs: www.maiscompostela.org e microcreditos.caixagalicia.es.

Nas oficinas da Concellaría de Promoción Económica. Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
· Porta 9 do Estadio de San Lázaro. Avda. de Fernando Casas Novoa, número 20.
Tel. 981 542 493
· Rúa do Hórreo, número 100. Tel: 981 568 752

No teléfono de información de Obra social Caixa Galicia: 981 186 510.

Compartir: