ALCALDÍA

Catro rúas de San Lázaro e do Castiñeiriño levarán o nome dos gardas civís nados en Santiago vítimas de accións terroristas

17/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión en Raxoi con representantes da Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT), que está a celebrar en Santiago o III Encontro nacional de asociados á AVT.

Os representantes da AVT solicitáronlle ao rexedor que neste Ano Santo se abran as rúas que levarán os nomes das vítimas compostelás do terrorismo. Sánchez Bugallo comprometeuse a que catro rúas das urbanizacións do Castiñeiriño e San Lázaro, que se rematarán este ano, levarán o nome dos catro gardas civís nacidos en Compostela vítimas de accións terroristas.

Compartir: