ALCALDÍA

Os presidentes das audiencias provinciais de toda España reuniranse en Santiago de Compostela o 27 de setembro

15/04/2010 Para o 27 de setembro está prevista a celebración en Santiago e na Coruña dun encontro de presidentes de audiencias provinciais de toda España. O presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luís Seoane, explicoulle os detalles ao alcalde e solicitoulle a colaboración municipal na organización do evento.

Sánchez Bugallo e Seoane tamén falaron da actual situación da segunda sección da Audiencia de Santiago. Nestes momentos, a actividade da segunda sección está reforzada cun xuíz e atópase en estándares mellores que a da Coruña e cun número de casos máis actualizados que os doutras seccións, segundo explicou o presidente da Audiencia Provincial. Non obstante, no caso de aumentar o número de casos, non habería oposición por parte da institución para crear unha nova sección.

Compartir: