ALCALDÍA

Unha nova entidade para potenciar a ópera

07/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á Asociación de Amigos da Ópera, recentemente constituída.

Esta Asociación de Amigos da Ópera nace para potenciar esta disciplina musical e aproveitar as condicións que en canto a público e instalacións dispón a cidade. Trátase, dende o punto de vista pedagóxico, de promover o gusto pola ópera e, dende o eido cultural, de fomentar este tipo de espectáculos en Santiago.

Compartir: