BENESTAR SOCIAL

Camiñada de concienciación sobre o autismo

07/04/2010 No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, un grupo de máis de 200 afectados por este trastorno, familiares, traballadores e voluntarios realizaron unha camiñada ata Santiago, organizada pola Federación Autismo Galicia.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, recibiu á expedición á súa chegada á praza do Obradoiro. Alí, leuse o manifesto da Organización Mundial do Autismo, no que se reivindica "o dereito que teñen as persoas con discapacidade en xeral, e as persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA), en particular, a disfrutar do amparo lexislativo no que non sexan obxecto de políticas caritativas ou asistenciais, senón que son suxeitos de dereitos humanos. Polo tanto, as desvantaxes sociais que sofren non deben eliminarse como consecuencia da boa vontade doutras persoas ou dos Gobernos, senón que deben eliminarse, porque as devanditas desvantaxes son violatorias do goce e exercicio dos seus dereitos humanos".

Como remate do acto conmemorativo, presentouse o libro En el Camino nos encontraremos. El secreto de mi hijo, escrito por Rocío Testa, nai dun neno con autismo. Este libro fala de problemas, de solucións, de sentimentos ante unha realidade que sempre estará aí esperando. Fala dun neno perfecto que escondía dentro unha forma de ser especial. Este neno é Quique e é autista.

Documentos relacionados



Compartir: