ALCALDÍA

A ministra de Cultura anima o alcalde a defender a cultura que Santiago ofrece aos cidadáns de todo o mundo

06/04/2010 A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, visitou o Concello, onde foi recibida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

González-Sinde asinou no Libro de Honra. Nas palabras que escribiu anima ao alcalde a "defender e apoiar a cultura que Santiago ofrece non só aos galegos e españois, senón aos cidadáns de todo o mundo".

Antes de dirixirse ao Concello, a titular de Cultura asinou o convenio para a conservación e restauración do Pórtico da Gloria. Xa pola tarde estaba prevista a súa visita, acompañada tamén por Sánchez Bugallo, ás obras do futuro Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Compartir: