URBANA

Constituído o órgano de participación cidadá do proxecto Urbana Santiago Norte

29/03/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto polo que se constituíu o órgano que canalizará as suxestións e peticións das asociacións de veciños do ámbito norte da cidade, sobre o que actuará o proxecto Urbana, financiado con fondos europeos.

O venres 26 celebrouse na Casa do Concello a Asemblea Constituínte do Órgano de Participación Cidadá do Proxecto Urbana Santiago Norte ao que pertencen as seguintes entidades: Asociación Plataforma polo Emprego, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Asociación de Veciños "A Xuntanza", Asociación de Veciños "Ponte Romaño-San Xoan de Afora", UGT Compostela e CIG.

Trátase dun órgano de carácter informativo, de formulación de propostas e suxestións, de debate e asesor, que serve de canle á participación cidadá no Proxecto Urbana Santiago Norte.

Nesta primeira reunión, ademais da toma de coñecemento sobre as normas de funcionamento de dito órgano, fíxose unha revisión do estado de execución do proxecto e das principias accións que se van a desenvolver no ano 2010.

O Urbana Santiago Norte é un proxecto cofinanciado nun 70% pola Unión Europea a través do FEDER, que ten como obxectivo a posta en marcha dunha estratexia integral de rexeneración urbana nos barrios da zona norte, para equilibralos co resto da cidade.

Compartir: