DEPORTES

Entregados os Premios Deporte e Vida e as axudas aos clubs federados de Santiago de Compostela

26/03/2010 O Hotel Porta del Camino acolleu a V Gala do Deporte Compostelán. No acto entregáronse as Axudas aos Clubs Federados de Santiago de Compostela e os Premios Deporte e Vida nas Categoría de Saúde, Educación, Benestar e Non Violencia, así como o Premio Especial Deporte e Vida e os trofeos solidarios.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta Gala do Deporte, convertida xa nun tradicional acto de convivencia de todo o deporte compostelán. Os Premios e Vida, cunha contía de 2.000 euro foron, na categoría de Saúde, para o Hockei Compostela; na de Educación, para o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS; na de Benestar Social, o CD Belvís-AD Don Bosco; e na de Non Violencia, para o CD Conxo. O Premio Especial Deporte e Vida, de 3.000 euros, recaeu no Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago. O Trofeo á Empresa Solidaria foi gañado pola empresa Noyamovil, mentres que o da Asociación Solidaria foi para a Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago de Compostela,

Na Gala tamén se entregaron as Axudas aos Clubs Federados. Así, formalizouse o abono de axudas a 79 clubs pola súa tarefa de fomentar o deporte e para mellorar a súa xestión deportiva.

Documentos relacionados



Compartir: