MULLER

Marina Álvarez gaña o concurso de carteis "Educando na convivencia en igualdade"

25/11/2005 "Non estamos aquí, non estamos aquí, estamos no medio" é o slogan do cartel gañador da quinta edición do concurso "Educando na convivencia en igualdade," convocado pola concellería da Muller do Concello de Santiago, con motivo do Día Internacional da violencia contra as mulleres que se celebra o venres 25 de novembro.

Concienciar aos máis xóvenes que combater a violencia doméstica ata erradicala debe ser un compromiso social e unha das finalidades do concurso "Educando na convivencia en igualdade". A gañadora, Marina Álvarez do I.E.S Rosalía de Castro, explicou que co seu traballo titulado "Non estamos aquí, non estamos aquí, estamos no medio", tenta mostrar a importancia da "integración porque antes que homes e mulleres, somos persoas".

A concelleira delegada da Muller, Adelaida Negreira, resaltou o traballo que os mestres están a facer por educar aos máis xóvenes nos valores democráticos e agradeceu o esforzo que fixeron os alumnos dos diferentes centros para presentar os seus traballos, aos que calificou de "moi bos".

Presentáronse neste certame 118 traballos: 63 do IES Rosalía de Castro, 32 do colexio La Salle, 28 do IES Xelmirez II, 3 do colexio Nosa Señora dos Remedios e 2 do IES.de Sar. O segundo premio foi para Marcos Morgan, tamén do IES Rosalía de Castro ao igual que tres dos catro finalistas; o cuarto finalista foi un alumno do IES Xelmirez II.

A gañadora recibiu de mans da concelleira o seu premio, unha cámara dixital, e o seu instituto, o IES Rosalía de Castro, recibirá 600 euros para unha viaxe a un destino cultural para o curso ao que pertence a premiada.

Compartir: