CULTURA

O guitarrista lucense Telmo Fernández actúa no Auditorio

21/11/2005 O Compos Jazz Festival 2005 continúa as súas sesións coa actuación de Telmo Fernández, acompañado por Dani Domínguez na batería, Albert Sanz no piano e David González no contrabaixo o martes 22 de novembro. As entradas: poñeranse á venda o día 21 de novembro e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 12 a 14 e de 17 a 20 horas. Ambos días e en idéntico horario funcionará o servizo de venda telefónica nos teléfonos 981 571 026 e 981 573 979. O prezo é de 6 euros e de 3 euros estudantes e xubilados.

Telmo Fernández, guitarra. Nado en Cospeito, Lugo. Estudou guitarra, arranxos, composición e harmonía en Estudio Escola de Música de Santiago. Ademais participou en numerosos seminarios e clases maxistrasis: Seminario de Jazz (Abe Rábade...), guitarra eléctrica con Nuno Ferreira Trío, etc.

Dani Domínguez, batería (Santiago de Compostela, 1977), estudou na Escola Estudio de Música de Santiago; no ano 2000 estuda con Falk Villis e Aldo Caviglia e asiste a seminarios de jazz en España e Portugal, tendo a oportunidade de tocar, entre outros, con Hamid Drake, Ruben Dantas, Guillermo McGill ou Chano Domínguez, deste modo tivo a oportunidade de estudar con Jeff Ballard e The Bad Plus.

Desde o ano 2003 forma parte de Llibert Fortuny Elèctric Quartet, con algunhas destas formacións e intérpretes, ten actuado en numerosos festivais de jazz de Zarautz, Gijón, Las Palmas, etc.

Albert Sanz, piano. Naceu en Valencia (1978). Os seus pais, ambos profesores, foron as súas primeiras influencias artísticas. Estudou no Conservatorio de Valencia, no Taller de Musics de Barcelona e no Berklee College of Music en Boston.

Colaborou con figuras do jazz como Joe Lovano, Perico Sambeat, Mark Turner, Kurt Rosenwinkel, Chris Cheek, Jorge Rossy o Larry Grenadier.

Compartir: