SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local entregou as súas súas medallas o día do seu patrón

06/03/2010 A Policía Local celebrou a festividade do seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Con tal motivo celebrouse un acto en Raxoi, coa presenza de distintas autoridades civís e militares, no que o Corpo entregou as súas medallas.

Os actos comezaron coa celebración dunha misa na Catedral de Santiago. A continuación, o Salón Nobre da Casa do Concello, baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acolleu a entrega de medallas da Policía Local, coas que este Corpo recoñece o labor de integrantes do mesmo e doutras institucións que teñen destacado pola súa conduta exemplar durante a súa vida profesional.

Nesta ocasión as Medallas do Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela recaeron no inspector Ramón Cobas Prieto e no xefe provincial de Tráfico da Coruña, Pedro José Pastor del Castillo.

Ramón Cobas Prieto, inspector da Policía Local de Santiago, ingresou neste Corpo o 14 de maio de 1984, ascendendo a Oficial e tomando posesión o 16 de febreiro de 1988. Ascendeu a inspector e tomou posesión do cargo o 2 de xaneiro de 1990. Xubilouse o 25 de novembro de 2009.

Pedro José Pastor del Castillo dirixe a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

Compartir: