ALCALDÍA

O Concello irá solventando as demandas dos veciños de San Pedro sobre mobilidade no marco do Urbana Santiago Norte

04/03/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión con representantes da asociación veciñal "A Xuntanza", do barrio de San Pedro. No encontro tamén participaron a concelleira de Participación Cidadá, Lupe Rodríguez, e o concelleiro e Infraestruturas e Obras, Bernardino Rama.

Na reunión, os veciños plantexáronlle ao rexedor demandas sobre o plan de mobilidade da zona, que serán solventadas polo Concello segundo se vaia desenvolvendo a folla de ruta do plan Urbana Santiago Norte.

Compartir: