ALCALDÍA

A agrupación folclórica Colexiata do Sar conmemora o seu 25 aniversario

21/11/2005 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu ao espectáculo que a agrupación folclórica deu o domingo 20 de novembro no Auditorio de Galicia.

"Sons para baduar" foi o nome do espectáculo que a agrupación folclórica Colexiata do Sar ofreceu a todos os asistentes o domingo 20 no Auditorio, e no que colaborou o gaiteiro Carlos Núñez.

O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, que disfrutou do espectáculo, fixo entrega dunha placa de recoñecemento aos vintecinco anos de andanza desta asociación.

Compartir: