ALCALDÍA

O Hostal dos Reis Católicos ofrece un paseo pola súa historia

04/03/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Parador Museo de Santiago de Compostela, acompañado pólo presidente de Paradores de Turismo, Miguel Martínez Fernández. Unha placa na fachada do hotel dá conta dende xa desta nova condición do Parador.

O Hostal dos Reis Católicos aproveita a súa condición de edificio histórico para converterse nun Parador Museo, co obxecto de dar a coñecer a riqueza histórica, artística e arquitectónica do complexo. Así, ofrece un percorrido polos principais espazos do monumento, a través do cal os visitantes, coñecerán os detalles máis importantes da edificación.

O proxecto analiza a historia do Hostal dende nove puntos de vista: a fundación por parte dos Reis Católicos, os estilos arquitectónicos, os usos dos espazos, a análise iconográfica, a acollida de peregrinos, a evolución como hospital, a produción farmacéutica e a horta medicinal, a actividade como inclusa de nenos, a estrutura administrativa do Hospital Real e o entorno monumental de Santiago.

Ao longo do Parador situáronse 79 soportes informativos que, ademais dos textos explicativos, inclúen numerosas fotografías sobre detalles do edificio, así como planos, mapas e debuxos antigos.

Compartir: