ALCALDÍA

O Colexio de Médicos investirá 500.000 euros en remodelar a súa sede compostelá

04/03/2010 A sede compostelá do Colexio de Médicos da Coruña recibiu a visita do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que puido coñecer de primeira man o proxecto de reforma das instalacións, situadas en San Pedro de Mezonzo. Ademais, asinou no libro de ouro da entidade.

O Colexio ten previsto remodelar interiormente por completo o edificio, que data de 1974, para adaptalo ás necesidades actuais. Á espera da licenza municipal, o Colexio estima que as obras poidan iniciarse en abril, cunha duración prevista de oito meses e un orzamento de 500.000 euros. A sede contará cunha recepción-vestíbulo, seis despachos, unha sala de xuntas, un salón de actos, unha sala de informática e espazos polivalentes para os colexiados.

Compartir: