EDUCACIÓN

O Concello cederalle á Xunta unha parcela de 3.150 metros cadrados para a ampliación do colexio de Roxos

02/03/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, mantiveron unha xuntanza coa ANPA e coa dirección do colexio de Roxos, que demandaban unha ampliación do seu espazo, debido ao incremento da demanda nos últimos anos.

O centro de Roxos duplicou as matrículas nos últimos sete anos e a previsión é que a demanda continúe aumentando o vindeiro curso. O alcalde manifestoulles que o Concello pode cederlles unha parcela colindante de 3.150 metros cadrados que porá a disposición da Xunta.

Compartir: