ALCALDÍA

A cidade acollerá en setembro un encontro de corais de toda Galicia

02/03/2010 O 19 de setembro é a data escollida para a celebración en Santiago dunha romaría de corais de toda Galicia. Así llo indicou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o presidente da Federación de Corais Galegas, Antonio S. Rey Cornide, quen lle explicou o programa de actos previstos.

A previsión é que nesta data se reúnan en Santiago máis de 1.000 persoas, pertencentes a corais das catro provincias galegas. Todas elas, xuntaranse nunha actuación conxunta na praza da Quíntana. De xeito paralelo farán outro tipo de actos con motivo do Ano Xacobeo, coma un encontro no Monte do Gozo ou unha misa na Catedral.

Compartir: