MULLER

O Concello celebra o Día internacional da non violencia contra as mulleres

25/11/2005 Coa difusión na prensa local da declaración institucional co gallo da conmemoración do día internacional da non violencia contra as mulleres, aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación, e o acto de entrega dos premios do concurso ""Educando na convivencia en Igualdade" que convoca a Concellería da Muller, comezou o venres, 25 de novembro, o programa de actividades que desenvolverá esta Concellería con motivo desta celebración.

O programa continuará co desenvolvemento dun ciclo de cine cunha temática centrada na violencia doméstica. O ciclo inclúe a programación de catro filmes, "María,llena eres de gracia", de Joshua Marston; "Vera Drake", de Mike Leigh; "Osama", e Siddiq Barmak e "Mooladé" de Ousmane Sembene.

As proxección terán lugar na Sala Yago os días 28, 29 e 30 de novembro e 1 de decembro conforme ao calendario que se achega. A entrada aos filmes deste ciclo é gratuíta previa recollida de invitacións nas mesmas taquillas da Sala Yago (rúa do Vilar, 51-53) entre as 17.00 e 18.00 horas e entre as 20.00 e 21.00 horas.

Calendario de proxeccións:

DÍAS HORA TÍTULO DIRECCIÓN
28 18.00 MARÍA, LLENA ERES DE GRACIA JOSHUA MARSTON
28 21.00 VERA DRAKE MIKE LEIGH
29 18.00 OSAMA SIDDIQ BARMAK
29 21.00 MOOLADÉ OUSMANE SEMBENE
30 18.00 VERA DRAKE MIKE LEIGH
30 21.00 MARÍA, LLENA ERES DE GRACIA JOSHUA MARSTON
1 18.00 MOOLADÉ OUSMANE SEMBENE
1 21.00 OSAMA SIDDIQ BARMAK

Compartir: