ALCALDÍA

Os terreos do Ministerio de Defensa en Bando será titularidade do Concello

18/11/2005 O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo durante a mañá do venres 18 de novembro, unha xuntanza co Secretario do Estado de Defensa, Francisco Pardo Piqueras; o xerente de Infraestrutura e Equipamento da Defensa, Julián Sánchez Pingaron; e o director xeral de Infraestrutura, Juan Mesquida Ferrando.

Á saída do encontro, celebrado na Secretaría do estado de Defensa durante hora e media, e que tiña como obxecto sentar as bases do futuro dos terreos propiedade do Ministerio de Defensa en Bando, o alcalde compostelán amosouse "moi contento" xa que "a orientación é a de que Bando pase a ser de titularidade municipal". Neste senso, acordouse que unha empresa allea ao Concello sexa a encargada de redactar un estudo previo. Bugallo estima que nun prazo deu ou dous meses poderán presentarse as valoracións para levar a cabo o proxecto: unha gran instalación deportiva dotada de campo de golf.

As previsións son que no primeiro trimestre de 2006 se peche o acordo patrimonial. Sánchez Bugallo valorou a "actitude positiva" e a disposición "moi favorábel a acadar un acordo" de Defensa. Ademais, opinou que adquirir a totalidade da finca, a uns prezos e condicións de pago axeitadas, é a opción que máis convén ao Concello.

Compartir: