ALCALDÍA

O alcalde reuniuse cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización de Rosalía de Castro

24/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro con veciños para explicarlles de forma directa o proxecto de reurbanización dos entornos urbanos de acceso á cidade que afectará ao tramo Rosalía de Castro, dende Romero Donallo-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro.

Foi unha reunión aberta a todos os veciños que quixeran coñecer o proxecto e os datos desta actuación, incluída no convenio asinado coa Xunta de Galicia, no que tamén se recollen as obras do tramo Galeras-Salvadas-Vista Alegre e as da avenida de Castelao.

As obras no tramo Romero Donallo-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro van supor un investimento de 3.973.000 euros. O tramo a reurbanizar comprende dende a rotonda de confluencia coa avenida de Romero Donallo ata o enlace co periférico, onde arranca o viaduto da Rocha. As obras terán como resultado, entre outros, a homexeneización do espazo da calzada, a ampliación do espazo de beirarrúas, a renovación de pavimentos e da rede de iluminación ou a implatación de novo arborado.

Compartir: