ALCALDÍA

O Consello Económico e Social de Santiago coñece as accións de Campus Vida

22/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha nova xuntanza do Consello Económico e Social. Nesta ocasión, os integrantes puideron coñecer de primeira man o proxecto Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional, da Universidade de Santiago.

O reitor da USC, Senén Barro, solicitara dar a coñecer Campus Vida aos representantes sociais e económicos da cidade e foi el mesmo o encargado de explicar o proxecto, que suporá a humanización e reurbanización do campus. Durante a súa intervención incidiu nas implicacións da iniciativa sobra a cidade. Campus Vida reforza esa relación por medio do desenvolvemento de redes sociais e económicas que xeren riqueza integrando docencia, investigación e empresa, e coa mellora da calidade de vida e a sustentabilidade.

Para reforzar estas ideas e retos, o reitor ofreceu cifras concretas como, por exemplo, que en cinco anos as zonas verdes pasarán dun 40 a un 60 por cento sobre a superficie total, un incremento de 20 puntos que tamén se producirá na porcentaxe de financiamento privado en I+D nese tempo. Ademais, as previsións apuntan a que o valor das empresas de base tecnolóxica que se creen no marco deste proxecto ascendan a 100 millóns en 2015, máis do dobre que agora.

Compartir: