ALCALDÍA

O alcalde inaugurou o Congreso Nacional de Unións Agrarias

19/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu a benvida aos participantes no Congreso Nacional de Unións Agrarias.

Sánchez Bugallo lembrou o nacemento de Unións Agrarias, cando "parecía que tería dificultades para enraizar no agro galego, pero hoxe comprobamos que a súa presenza é fundamental". Na súa opinión, isto "supuxo un cambio cualitativo con respecto aos sindicatos que había de aquela, que xestionaban problemas persoais, non facían unha posta en común da problemática do labrego". Ademais, o alcalde animou aos afiliados a seguir arrimando o lombo nunha conxuntura de crise económica e lembrou que "o que non gastamos en potenciar a agricultura gastámolo en recuperarnos dos incendios forestais".

Compartir: