ALCALDÍA

Santiago acollerá en outubro a Asemblea de Colexios Médicos de España

16/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán Martínez. Este convidouno a participar en dous eventos: a festa colexial da provincia e a Asemblea de Colexios Médicos de España, que se celebrarán en Santiago.

A festa provincial do Colexio Oficial de Médicos da Coruña reunirá en Santiago a preto de 700 profesionais o 26 de xuño. Meses despois, do 21 ao 22 de outubro, celebrarase a na cidade a Asemblea de Colexios Médicos de España.

Na reunión, o alcalde e o presidente do Colexio tamén falaron do proxecto de remodelación da sede da entidade en Compostela.

Compartir: