DEPORTES

Santiago pásalle a Segovia o testemuño da Copa de España de Fútbol Sala

13/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cedeulle simbólicamente ao alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes, o testemuño da organización da Copa de España de Fútbol Sala. No acto tamén participaron o presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, e os concelleiros de Deportes de ambas cidades, Bernardino Rama e Javier Arranz.

Sánchez Bugallo fixo referencia á relación que une ás dúas ciudades, polo feito de que ambas teñen a consideración de Patrimonio da Humanidade. "Estamos moi ilusionados polo ben que está funcionando esta competición, contribuíndo a que o fútbol sala siga medrando", indicou. Ademais, o alcalde agradeceu a oportunidade brindada para acoller este evento e aproveitou para desexarlle sorte ao Xacobeo Lobelle, que minutos despois logrou a clasificación para a final, que disputará contra ElPozo Murcia.

Pola súa parte, Pedro Arahuetes asegurou que a intención do Consistorio da localidade é "intentar superar, si se pode, o ambiente conseguido en Santiago".

Compartir: