ALCALDÍA

Caramoniña une o parque de Bonaval coa extensión da cidade cara o norte

13/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a conexión da rúa Escultor Asorey e a ruela da Caramoniña con San Domingos de Bonaval. Esta actuación permitiu conectar funcionalmente e estéticamente o parque e a extensión da cidade cara o norte a través da Almáciga.

Con esta conexión solucionouse o problema que supoñía a confrontación de dúas realidades diferentes e evitar a degradación da zona. Así, completouse a estrutura das rúas de Teo e Escultor Asorey, con edificacións de vivenda colectiva, outorgándolle ao conxunto unhas vistas acordes co resto do contorno. Na actuación resolvéronse tamén os desniveis existentes na zona.

Ademais, púxose en valor a ruela da Caramoniña, axardinouse a zona das terrazas e quedou a disposición do Concello un espazo para equipamentos públicos, entre outras actuacións. O proxecto foi obra do arquitecto Víctor López Cotelo.

Compartir: