PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Inaugurada na Casa das Asociacións a mostra "Iacobus Gallecia"

11/02/2010 Abriuse na Casa das Asociacións a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago. O público poderá ver esta mostra ata o 5 de marzo.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, inauguraron esta exposición itinerante, que mostra ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio. En Cornes poden verse obras de Alfonso Sucasas, Antón García Patiño, Darío Basso, Berta Cáccamo, Xosé Freixanes, Antón Lamazares, Manuel Moldes, Paco Pestana ou Armando Martínez.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 5 de marzo de 2010 na Casa das Asociacións, situada na rúa Manuel Beiras, 3 (antiga estación de Cornes).

Compartir: