CULTURA

A Banda Municipal tocará baixo a batuta do alicantino Francisco Pérez

17/11/2005 O domingo ás 12 da mañá no Teatro Principal, a Banda Municipal de Música de Santiago dará o seu habitual concerto dirixida por Francisco Pérez Rodríguez.

Francisco Pérez nace en Orihuela (Alicante) e comenza os seus estudios musicais co seu pai. Xa de forma oficial estudia no Real Conservatorio de Arte e Declamación de Murcia e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde acada o Titulo Superior de Clarinete.

Como clarinetista foi compoñente da Xove Orquestra de Galicia, Orquesta Internacional de Jóvenes de Murcia, Orquestra Ciudad de Málaga, Orquestra Ciutat de Barcelona, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara de Pontevedra.

En 1993 comenza os estudios de Dirección de Orquestra co mestre Miguel del Castillo Clavel. Nese tempo é fundador e director do coro Camerana de Bértola (Pontevedra), director da Banda de Música Municipal de Ourense, Banda de Música de Salceda de Caselas (Pontevedra) e da Banda Filarmónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

En 1996 entra a formar parte do equipo de profesores da Escola Profissional de Música de Viana do Castelo (Portugal) como profesor de clarinete e de música de cámara. Un ano máis tarde acada o posto de director de Curso de Sopros, director da Orquestra de Sopros e director asistente da Orquestra Sinfónica da E.P.M.V.C.

En 1998 créase a Orquestra Junior da Fundacâo Atrio da Música de Viana do Castelo, da que é nomeado mestre. Estudia e remata os estudios de Dirección de Orquestra co mestre Omri Hadari en Oporto (Portugal).

En 2000 realiza un postgraduado en Dirección de Orquestra na Universidade de Las Vegas (USA) co mestre Tad Suzuki.

En xullo de 2004 asiste a clases maxistrais de Dirección de Orquestra co mestre Bruno Aprea, onde é seleccionado para dirixir eo concerto de clausura coa Orquestra Sinfónica de Extremadura.

No curso academico 2004-05 realiza un estágio coa Orquesta Junior da Fundacao Atrio da Música da E.P.M.V.C. (Portugal).

Actualmente é director da Orquestra Sinfonietta de Vigo e profesor no Conservatorio Superior de Música de Vigo; nas especialidades de Clarinete, Música de Cámara e Repertorio Orquestra.

I Parte
Der Freischütz (Obertura)............C. M. von Weber
Suite Alicantina..........................R. Dorado
•Preludio
•Canción de cuna
•Juegos infantiles
•Danza final

II Parte
Las Golondrinas (Pantomima).....J. M. Usandizaga
Pacis Valley...............................Ben Haemmouts
•Andante
•Alegro vivo

Consuelo Ciscar (p.d.)................Ferrer Ferrán

Compartir: