DEPORTES

Santiago acolle o X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística

04/02/2010 O sábado 6 de febreiro, a partir das 17:00 horas, celebrarase no pavillón polideportivo de Santa Isabel o X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística. Participarán uns 250 patinadores neste torneo, clasificatorio para competir no de campionato español, que se celebrará no mes de marzo en Pamplona.

O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, presentou este campionato, acompañado por Mariano Val, presidente do Club Deportivo Fontiñas; Marcelino Tojeiro, tesoureiro do Club Deportivo Fontiñas; e Celia Tojo, delegada da Sección de Patinaxe do Club Deportivo Fontiñas. Santiago toma o relevo de Vigo na organización do torneo, que ten dúas modalidades de participación: grupos pequenos de 6 a 12 participantes e grupos grandes de entre 16 e 24. O Club Deportivo Fontiñas participa nesta última modalidade.

En grupos grandes e pequenos participarán os seguintes equipos: Club Ribeira de Sta. Uxía, Club Ánfora de Cangas, Club Valladares de Vigo e Club Carpa de Vigo. Unicamente en grupos grandes estarán o Club D. Fontiñas de Santiago e o Club Porriño. Finalmente, só participarán na modalidade de grupos pequenos os conxuntos Club Alquimia de Carral-A Coruña, Club Brincadeira da Coruña, Club Castrelos de Vigo, Club Coruxo de Vigo e Club Vagalume de Vigo. Nas provincias de Lugo e Ourense este deporte ten pouca implantación e non participan en competicións oficiais.

Compartir: