CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas

20/01/2010 O xoves 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas continúan as charlas das Segundas Xornadas de Información Sociosanitaria das Fontiñas. Nesta ocasión contaran como relator co doutor Manuel Martín, portavoz da Plataforma Galega en defensa da Sanidade Pública.

A charla, organizada en colaboración coa Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e o Centro de Saúde das Fontiñas, abordará a situación da sanidade pública en Galicia, así como os seus retos pendentes, prestando especial atención a gratuidade dos servizos.

As Xornadas continuarán en febreiro cunha charla sobre os trastornos do sono a cargo de Raimundo Mateos Álvarez, psicoxeriatra do Hospital Provincial de Conxo. Xa en marzo a psicoxerontóloga Encarga Álvarez falará sobre alteracións sexuais na vellez. En abril, vez para a hipertesión arterial, coa intervención de Mº Carmen Mini Castro, e en maio, relatorio do presidente de AISA, Lino Quiñoy, sobre alcohol e sociedade. Para rematar, en xuño, o médico José Mª Díos Diz, falará sobre a hipertrofia benigna de próstata. É precisamente este doutor o encargado de moderar as diferentes charlas.

Compartir: