ALCALDÍA

O Concello de Santiago e o CGAC promoverán unha maior visibilidade da programación do centro na cidade

19/01/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Miguel Von Hafe. Este explicoulle os plans que ten para o centro, que dirixe dende o mes de outubro.

O portugués Miguel Von Hafe indicoulle ao alcalde que, entre outros obxectivos, quere darlle unha maior visibilidade á programación do CGAC, especialmente neste ano 2010 no que haberá unha importante programación. Sánchez Bugallo expresoulle a súa vontade de buscar fórmulas para lograr esa maior visibilidade, a través, por exemplo, dos paneis da cidade, ou de facilitar a utilización de soportes publicitarios.

Compartir: