MEDIO AMBIENTE

O Concello recollerá as árbores de Nadal para a súa recuperación e reutilización

07/01/2010 A partires do venres 8 de xaneiro e ata o venres 15, ambos incluídos, a Concellaría de Medio Ambiente realizará a recollida das árbores de Nadal que podan ser recuperadas.

Un obxectivo fundamental para a Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel é salvagardar a integridade do maior número de plantas. Nun primeiro momento as árbores serán trasladadas ao viveiro municipal para a súa aclimatación xa que proceden dun ambiente moi agresivo para elas como son as vivendas con calefacción. Unha vez recuperadas serán replantadas en espazos públicos ou ben conservadas no propio viveiro para poder ser usadas novamente no próximo Nadal.

En todo caso ,a Concellaría de Medio Ambiente lembra que a cidadanía, para colaborar na conservación destas árbores, tamén ten a posibilidade de mantelas vivas nos seus predios ou fincas particulares ou mesmo nos espazos exteriores das vivendas, ate o próximo Nadal.

A Concellaría de Medio Ambiente agradece a implicación de Protección Civil e a colaboración da empresa Noyamóvil (concesionario de Citroën) nesta campaña, xa que cede unha furgoneta para a recollida destas árbores.
As persoas que desexen facer entrega de árbores, para a súa posterior replantación, poden chamar aos seguintes teléfonos:

Protección Civil: 981 543 105
- De luns a venres: de 08:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas
- Sábado e domingo: de 10:00 a 14:00 horas

Departamento de Parques e Xardíns: 981 542 421
- De luns a venres: de 09:00 a 15:00 h.

Compartir: