XUNTA DE GOBERNO

O Concello cede o inmoble da antiga Casa de Acollida para o Centro Autonómico de Recuperación Integral para Mulleres

22/12/2009 A Xunta de Goberno aprobou na súa última sesión a modificación do acordo do 5 de maio de 2008 de concesión á Xunta de Galicia do inmoble da antiga Escola Raíña Fabiola, en San Lourenzo, para a construción do Centro Autonómico de Recuperación Integral para Mulleres en Situación de Violencia. Deste xeito, cédese o edificio independente da anterior Casa de Acollida, permanecendo o edificio de uso sociocultural para tal fin.

A Xunta de Galicia recibirá así un edificio de 504 metros cadrados, composto por dúas plantas (baixa e primeira), con 252 metros cadrados cada unha. O outro edificio independente seguirá polo momento sendo utilizado pola asociación veciñal de San Lourenzo.

A concesión é gratuíta e por un prazo dende 15 anos, prorrogable por dous períodos consecutivos de dous anos. O Concello manterá titularidade do inmoble.

Cidade Histórica
No eido da concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica, aprobáronse inicial ou definitivamente diversas axudas a vivendas e locais comercias, tanto para o mantemento de edificios como para elementos especiais de madeira. En total foron 29 axudas, por un total de 115.040 euros.

Documentos relacionados



Compartir: