ALCALDÍA

O alcalde agradece o labor dos traballadores municipais en 2009

18/12/2009 Como cada ano por estas datas, os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre de Raxoi polo alcalde e polo resto da Corporación. Sánchez Bugallo desexoulles a todos un bo Nadal e un satisfactorio ano 2010.

Na súa intervención, o alcalde tivo palabras de agradecemento polo traballo realizado durante o 2009. Ademais, referiuse á data especial do 2010, expresando a súa seguridade en que os traballadores municipais continuarán a facer de Santiago unha cidade acolledora para todos os que nos visiten.

Compartir: