PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Unha gala benéfica no Teatro Principal pechou o Nadal Solidario

21/12/2009 A campaña Nadal Solidario, organizada pola Concellería de Participación Cidadá, en colaboración co xornal gratuíto Santiagosiete, tivo como colofón unha gran gala no Teatro Principal.

Grazas a esta campaña recolléronse alimentos e xoguetes para doar ás catro institucións máis representativas de Compostela na asistencia dos cidadáns desfavorecidos: Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e o Albergue Xoán XXIII. O prezo da entrada era de 10 euros, e a recadación obtida entregarase integramente, a partes iguais, ás devanditas entidades. A Gala Solidaria contou coa actuación de Brotherhood Singers.

Nadal Solidario foi un evento organizado pola Concellería de Participación Cidadá en colaboración con Santiagosiete. Contou co patrocinio da Concellaría de Festas, Aquagest, Grupo Brea, Area Central, Parador Hostal dos Reis Católicos, Cativos Escolas Infantís, Kátedra Profesional, Begano Coca-Cola, Televés e Puentes Inmobiliaria, ademais da colaboración de Fílmate Fotografía y Vídeo, Grupo Isonor e Transportes Autoradio.

Compartir: