GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

Un congreso presentará os Segundos Estudos Estratéxicos do Eixo Atlántico

14/03/2005 O Eixo Atlántico, do que forma parte o concello de Santiago, organiza para os días 30 e 31 de marzo o congreso "Proxecto de futuro".

O Auditorio de Ourense acollerá os días 30 e 31 de marzo un congreso que baixo o lema "Proxecto de Futuro", presentará os seus Segundos Estudos Estratéxicos.

Estes estudos tratan de afondar no desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de cara aos próximos dez anos. Na súa redacción participaron os dezaoito concellos que conforman o Eixo Atlántico, entre os cales se atopa Santiago de Compostela, e foi realizada por membros das universidades de Galicia e o Norte de Portugal dun xeito coordinado coa Auditoría Urbana e a Axenda 21.

A accesibilidade, a formación e os servizos públicos para chegar á converxencia territorial con outras rexións europeas, o desenvolvemento dos recursos productivos que permitan unha competitividade no mercado global e a cooperación entra as cidades e o medio periurbano e rural, son algúns dos temas que se tratan nestes Segundos Estudos Estratégicos.

Direcciones relacionadas



Compartir: