ALCALDÍA

O alcalde agradece aos xubilados de 2009 os seu anos de servizo aos cidadáns

16/12/2009 Como cada fin de ano por estas datas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos traballadores do Concello xubilados. Todos eles recibiron unha placa en recoñecemento ao seu labor municipal de tantos anos.

Tras saudalos un a un, Sánchez Bugallo agradeceu o seu "excelente traballo" aos traballadores municipais que se retiran neste 2009. Valorou a súa "dedicación" para facer de Santiago unha cidade "segura e con bos servizos". Encomendounos a disfrutar agora das súas familias e doutras actividades e desexoulles un feliz Nadal.

Os traballadores que deixaron o seu posto en 2009 foron: Mario Francisco Cela Cela, bombeiro; José Vilar Salgado, condutor Bombeiros; Soledad González Sánchez, traballadora social da UMAD; Antonio Cordido Silveira, conserxe de Vite; Antonio Malvido Carrillo, policía local; José Viaño Vázquez, policía local; José García Fernández, conserxe de Deportes; Carmen Rey Quiñoy, uxier; Juan Carlos López Rei, policía local; Emilio Castro Fernández, conserxe de Deportes; Jesús Mariño del Río, policía local; Víctor Camino Sánchez, condutor do Parque Móbil; José Luís Garabal Vázquez, sarxento de Bombeiros; Ricardo Sexto Otero, condutor Bombeiros; Jesús Senra Vence, palista da Brigada de Vías e Obras; Ramón Vidal Neira, tremoieiro do Teatro Principal; e Ramón Cobas Prieto.

Compartir: