XUNTA DE GOBERNO

Seis composteláns irán de fin de semana a un balneario de Galicia grazas ao bo uso do colector amarelo

15/12/2009 A Xunta de Goberno aprobou a relación de premiados do Concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, organizado pola Concellería de Servizos. Ademais, adxudicouse definitivamente o mobiliario da Casa das Asociacións de Servizos Sociais.

Os premiados polo bo uso do colector amarelo son Mónica Alonso Santos, Jesús Otero Botana, Dolores Miramontes Sánchez, María José Caramelo Otero, M. Rodríguez e María Caneda Cao. Tres dos gañadores son veciños de Figueiras, dous de Fontiñas e outro da República do Salvador. Todos poderán gozar dun bono de fin de semana para dúas persoas nun balneario ou hotel SPA de catro estrelas en Galicia, que inclúe unha noite de aloxamento nun cuarto duplo, o almorzo e circuíto de piscina termal.

Os galardoados foron elixidos tras un sorteo no que se escolleron ao azar bolsas do colector amarelo que indicaban no exterior nome, enderezo e teléfono do cidadán que as depositou. Outro dos criterios de asignación foi a correcta utilización dos colectores destinados á recollida de envases de plástico, latas e briks.

Casa das Asociacións
Por outra parte, o Goberno local elevou a definitiva a adxudicación do mobiliario da Casa das Asociacións de Servizos Sociais. Destináronse 79.591 euros á esta adquisición.

Documentos relacionados



Compartir: