XUNTA DE GOBERNO

A baixada de bandeira dos taxis composteláns queda fixada en 3,30 euros

10/12/2009 A Xunta de Goberno aprobou as tarifas de auto-taxi para o ano 2010. A tarifa mínima de baixada de bandeira queda establecida en 3,30 euros en horario diurno. O importe por quilómetro percorrido será de 0,86 euros.

En horario nocturno, a percepción mínima queda fixada en 4,60 euros, e o importe por quilómetro percorrido en 1,30 euros. No caso dos festivos, o mínimo serán 3,90 euros, e o importe por quilómetro 1,08 euros. Cómpre aclarar que a contía mínima inclúe a combinación de cinco minutos de espera ou un percorrido de 1.700 metros. Para o aeroporto establécese un custo fixo de 19 euros.

A hora de espera pagarase en horario diurno a 17,50 euros, polos 26 euros en nocturno e os 21,60 en festivos. En canto aos suplementos, será de 0,45 euros por maleta ou vulto e de 3 euros por bicicletas ou por reserva de servizo.

Os sábados a partir das 15:00 horas aplicarase a tarifa de festivos. O funcionamento da tarifa nocturna excluirá a aplicación de calquera outro suplemento. Os días 1 de xaneiro, 25 de xullo e 25 de decembro aplicarase a tarifa nocturna.

Calendario Anual Mercado Nacional de Gando
Por outra parte, o Goberno local aprobou tamén o calendario de actividades comerciais de gando para o ano 2010 do Mercado Nacional de Gando. Así, establécese a celebración de mercado todos os mércores do ano, agás o mercado do mércores 24 de febreiro, que se trasladará ao día seguinte, xoves. Tamén se establecen as tradicionais citas da Ascensión e do Apóstolo.

Convenios con entidades deportivas
En materia de Deportes, aprobouse a sinatura de catro convenios con outros tantos clubs deportivos da cidade: Lobelle de Santiago F.S. (154.500 euros), Club Baloncesto Pío XII (40.000 euros), Club Arteal Tenis de Mesa (20.800 euros) e Club Tríatlon Bricosa (18.000 euros). Tamén se deu o visto bo a outro convenio, neste caso coa Fundación Compostela Deporte, á que o Concello destina 35.000 euros nos anos 2009 e 2010 como axuda ao sostemento dos gastos de funcionamento da mesma.

Documentos relacionados



Compartir: