ALCALDÍA

Uxía Pérez e Mª Ángeles Rozados gañan o XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego

10/12/2009 O XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego tivo como gañadoras a Uxía Pérez Astray, polo seu traballo Os chapeus e a Mª Ángeles Rozados Fernández, cun traballo titulado Unha aportación ao estudo do traxe galego: Santiago e comarca no século XVII.

A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, presidiu o acto de entrega do galardón, ao que asistiu un bo número de persoas ataviadas co traxe galego. Participaron igualmente o director comercial do Corte Inglés, Francisco Díaz Anido, e a presidenta da asociación do Traxe Galego, Rita Mª Miramontes Taboada.

O xurado destes premios estaba formado por Xosé Manuel González Reboredo, do Consello da Cultura Galega; Ana Blanco Gómez, da Fundación Rosalía de Castro; Felipe Senén López Gómez, da Deputación da Coruña; e Xesús Ferro Ruibal, do Centro Ramón Piñeiro.

Compartir: