DEPORTES

A cidade recoñece a boa temporada do Club Tríatlon Bricosa

10/12/2009 O Club Tríatlon Bricosa vén de rematar a temporada 2009, consolidándose coma un dos mellores equipos no tríatlon español. O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e parte da Corporación recibiron a directiva e os integrantes da formación compostelán.

Nesta temporada 2009, o Tríatlon Bricosa rematou no posto 11 da clasificación nacional de clubs, recoñecendo a regularidade do equipo nas diferentes probas ao longo do ano. Boa culpa desta boa clasificación teno o recente campionato de España sub23 e o sexto lugar na categoría elite, logrados na última proba do calendario. O club tamén alcanzou o subcampionato de España cadete de dúatlon e o cuarto posto na Liga Nacional de Clubs de Primeira División.

Compartir: