EMIGRACIÓN

Álvaro Portillo visita Compostela

14/11/2005 O embaixador para a diáspora uruguaia do Ministerio de Relacións Exteriores, Álvaro Portillo, visitou a Casa do Concello, onde departiu co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Portillo declarou que na súa visita a Sánchez Bugallo quixo transmitirlle o "afecto e solidariedade" e o agradecemento da comunidade uruguaia en toda Galicia. O embaixador para a diáspora uruguaia do Ministerio de Relacións Exteriores viña de visitar ao Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez. Na súa opinión, a comunidade de uruguaios en Galicia está "moi organizada" e o seu desexo é coñecer as súas inquedanzas e materializalas na medida do posíbel.

Actualmente hai arredor de 460.000 uruguaios en todo o mundo dos cales 6.746 están afincados en Galicia.

Compartir: