PARQUES E XARDÍNS

O barrio de Sar estrea parque infantil

15/11/2005 Desde o domingo 13 de novembro, os veciños do Sar poden disfrutar dun reformado parque infantil de máis de 400 metros cadrados.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto a boa parte dos membros da corporación, o párroco de Sar, Porto Buceta, e o presidente da asociación de veciños, Juan Álvarez Carril, presenciaron o acto de inauguración do contorno da Colexiata do Sar, que conta desde o domingo cunha nova área de xogos dedicada aos máis pequenos.

Cun orzamento de 89.000 euros, a área reformada acada os 420 metros cadrados e comprende melloras no parque infantil, a substitución dos elementos de xogo (tobogáns e randeeiras), do campo de xogo e do mobiliario urbano, así como a instalación de regadío na zona de xardíns.

Compartir: