URBANISMO

"UrbanLAB#1" promove unha reflexión crítica sobre o desenvolvemento do tecido urbano da cidade

02/12/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o foro UrbanLAB#1. Compostela como laboratorio urbano, que se desenvolverá na Factoría Compostela, na rúa da Conga, 9, do 2 ao 4 de decembro. Este laboratorio experimental contará con varios relatorios e debates en torno a temas como a cidade e os símbolos, a sustentabilidade creativa ou a identidade cultural e a globalización.

O obxectivo deste laboratorio é abordar dende unha perspectiva crítica os problemas máis inquietantes do desenvolvemento urbanístico contemporáneo, propoñendo solucións eficaces e sostibles mediante investigacións colectivas que favorezan a participación activa dos cidadáns.

A primeira entrega do laboratorio comezará o 2 de decembro leva o título de "A urbe como plataforma de acción. A cidade e os símbolos". Interveñen o cineasta Oliver Laxe (11:00 h) e o antropólogo e musicólogo Chiu Longina (17:00 h).

A segunda xornada, o xoves 3, dedicarase á "Sustentabilidade creativa". Ocuparanse das dúas sesións, cos títulos de Ecosistema urbano e Basurama, respectivamente, o arquitecto Michael Moradiellos (11:00 h) e o arquitecto e investigador Miguel Rodríguez (17:00 h).

O venres 4, a directora da Factoría Compostela, Concha Fontenla e a xestora cultural na Habana Onedys Calvo abriran a xornada titulada "Identidade cultural e globalización" (11:00 h). Pechará as intervencións, antes do último debate (17:00 h), o director do Observatorio da Urbanización na Universidade Autónoma de Barcelona, Francesc Muñoz.

Compartir: