XUNTA DE GOBERNO

O edificio da Tesourería da Seguridade Social na Acibechería albergará a Comisión de Coordinación do Ano Santo

01/12/2009 A Xunta de Goberno deu conta da autorización de ocupación temporal do antigo edificio da Tesourería Xeral da Seguridade Social para a ubicación da sede da Comisión de Coordinación do Ano Santo 2010. Na mesma sesión tamén se aprobou un convenio asinado coa Xunta para estender a cobertura da televisión dixital terrestre (TDT) no municipio.

A autorización do Ministerio de Traballo e Inmigración faculta a ocupar temporalmente o edificio situado na rúa Acibechería 23-25, cunha superficie de 650 metros cadrados ata o 31 de xaneiro de 2011. Ten planta soto, planta baixa e tres plantas.

Deste xeito, durante o inmoble será a sede da Comisión de Coordinación do Ano Santo 2010. Alí centralizarase todo o relacionado coa atención aos peregrinos e visitantes.

Extensión da cobertura da TDT
O Goberno municipal tamén aprobou o convenio asinado entre o Concello e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia para a instalación de equipos emisores de TDT que permitan estender a cobertura no municipio. Trátase de substituír os equipos microemisores rurais de televisión analóxica, de pequena potencia, por outros adaptados á tecnoloxía dixital terrestre.

O Concello instalará o mastro soporte e as infraestruturas necesarias para suxeición e acollemento dos equipos de telecomunicación. A Secretaría Xeral de Medios procederá á ancoraxe das antenas no mastro e á instalación dos equipos emisores da TDT.

Centros Socioculturais
No ámbito dos Centros Socioculturais, aprobouse o programa "Apalpando as ilusións", que recuperará a figura tradicional do apalpador para a programación de diversos eventos relacionados co Nadal. O programa contará cun orzamento de 31.644 euros.

Adxudicouse na mesma sesión o servizo de dinamización das aulas de informática e novas tecnoloxías dos centros socioculturais de Villestro, A Rocha, Figueiras, Fontiñas e Marrozos, por un importe de 14.616 euros. Igualmente determinouse a empresa que se encargará de subministrar mobiliario para o Departamento de Centros Socioculturais, cun investimento previsto de 17.984 euros. Tamén se adxudicaron obras de mantemento dos centros socioculturais de Lamascal, Vite, Conxo, A Trisca, Busto e Grixoa, por importe de 34.416 euros.

Benestar Social
En materia de Benestar Social e Igualdade, deuse conta da concesión ao Concello dunha subvención da Xunta por importe de 439.348 euros. Esta cantidade destínase a diversos programas do Departamento.

Outra subvención, concedida polo Servizo Galego de Igualdade e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, servirá para financiar o Centro de Información ás Mulleres (CIM). Son 35.500 euros.

Emprego
A proposta do concelleiro de Promoción Económica, aprobouse o programa complementario de prácticas non laborais en empresas, de usuarios da bolsa local de emprego que realizaran accións formativas en actividades do sector servizos para 2009. O importe do programa é de 12.360 euros.

Tamén se deu conta da concesión dunha subvención de 46.848 euros para a realización de actividades de información, orientación, busca de emprego e capacitación de ofertas. A axuda concédea a Dirección Xeral da Formación e Colocación.

Documentos relacionados



Compartir: