ALCALDÍA

Romanía e Santiago tenden lazos económicos

26/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o gobernador do Banco Nacional Romanés, Mugur Isarescu. Este atópase en Santiago para participar nun foro con empresarios galegos.

Antes de desprazarse ao Concello, Constantin Mugur Isarescu pronunciou unha conferencia no Hostal dos Reis Católicos e participou nun encontro con expertos e empresarios. Entre os temas de conversación co alcalde estiveron as oportunidades que Romanía ofrece na actualidade para os negocios e os investimentos, por ser un país en pleno proceso de expansión e un mercado fundamental en Europa central.

Constantin Mugur Isarescu, é gobernador do Banco Nacional Romanés dende 1990. Foi primeiro ministro entre decembro de 1999 e novembro de 2000.

Compartir: