CULTURA

A Banda Municipal de Música estrea pezas do musical "Chess"

11/11/2005 As pezas musicais que se estrean neste concerto a Banda Municipal de Musica son do musical "Chess" composto por Benny Andersson, Bjorn Ulvaeus, do grupo sueco ABBA, mentres que a lírica foi obra de Tim Rice, que xa escribira a letra para os musicais de Lloyd Webber "Jesucristo Superstar" e "Evita".

A Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira, dará un concerto o domingo 13 de novembro no Teatro Principal ás doce da mañá. O programa do concerto é o seguinte:

I.
Música i poble...........Pasodobre.....................F. Ferrán
Sicania.....................Suite.............................R. Taléns
I. Albada
II. Dansa i cançó del llaurador
III. Joc de xiquets
IV. Día de festa
Marcha turca da sonata en la maior............W. A. Mozart

(Ramón Castro, xilófono)

II.
Highlights from "Chess".....Musical.....Ulvaeus/Andersson.
-Quartet (A model of decorum and tranquility)
-I know him so well
-Embassy lament
-Chess
-Anthem

El tambor de granaderos..........Obertura.........R. Chapí
Festa das trompetas................Polka........R. Andersson

(Jesús Iglesias, Juan Lois, Ana Pazos, trompetas)

A acción do musical está situada en Merano, unha pequena cidade ao norte de Italia, coñecida polos campeonatos do mundo de xadrez. Os protagonistas son dous axedrecistas, un nobre americano e un ruso, rivais tanto a nivel político como deportivo.

Compartir: