BENESTAR SOCIAL

A Concellería de Benestar Social destaca o éxito da festa sen alcohol de presentación da web "www.quetocaestanoite.es"

17/11/2009 Malia o temporal de auga e vento que sufriu Santiago de Compostela na noite do venres 13, a festa de presentación da web www.quetocaestanoite.es á mocidade da cidade foi todo un éxito. O feito de ser unha festa na que non se serviu alcohol non impediu que a xente se divertira e disfrutara ata o final do concerto ofrecido polo grupo No Reply na Sala Capitol.

O recinto abriu as súas portas ás 22:00 horas e, malia as inclemencias da meteoroloxía, encheuse con máis de 250 mozos e mozas. A sorpresa inicial por non atopar bebidas con alcohol na barra deu paso a un clima de total normalidade e unicamente dúas persoas marcharon da sala por este motivo. A maioría non tivo ningún problema en consumir bebidas non alcohólicas e, simplemente, disfrutaron da noite. Nin sequera había á vista botellas ou anagramas de bebidas alcohólicas.

O locutor Gaby Davila e o técnico da UMAD Jorge Carballido presentaron a campaña, coa proxección dun vídeo. Logo subiu ao escenario No Reply, que ofreceu un concerto ata as doce da noite. Os presentes destacaron tamén o feito de que a sala quedara moito máis limpa do que soe acontecer en calquera outro concerto.

Compartir: