BOMBEIROS

O Museo do Pobo Galego, escenario dun simulacro de incendio

12/11/2009 Para pechar o "Curso básico de intervencións de extincións de incendios en Patrimonio histórico", organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrouse un simulacro de incendio no Museo do Pobo Galego. Os bombeiros realizaron talleres de intervención relativos a extinción de incendios, evacuación e manipulación de obras de arte.

Os representantes dos corpos de bombeiros de Santiago, Segovia e Alcalá de Henares conduciron os dous simulacros realizados, en coordinación cos responsables do Museo. Primeiro realizaron un simulacro habitual e logo outro poñendo en práctica os coñecementos adquiridos no Curso. Así, os bombeiros realizaron os protocolos necesarios para salvar as obras de arte do Museo, neste caso utilizando reproducións das mesmas e fume sintético para simular o incendio.

O Curso Básico de Intervencións de Extinción de Incendios en Patrimonio Histórico reuniu en Santiago a destacados especialistas de diferentes corpos de bombeiros e doutros ámbitos relacionados coa protección do patrimonio en España.

Compartir: